Os nosos campamentos son unha actividade de convivencia ao aire libre
Orientada con fines educativos e de formación da persoa. Van máis alá que simples actividades de aventura, xogos ou visitas a lugares naturais. Responden, entre outras cosas, ao concepto de educación permanente como unha necesidade en tódalas idades e etapas da vida.
As actividades de tempo de lecer, como os campamentos
Contribúen ao desenvolvemento da personalidade equilibrada, permitindo cultivar valores cun propósito educativo, vivindo dunha maneira máis consciente, xerando unha relación activa entre o educador e os acampados no marco dunha experiencia proveitosa en contacto coa natureza e o entorno.