Que facemos

Dende as asociacións hai unha situación privilexiada para a promoción e divulgación de actividades cercanas aos seus socios e social, tanto nenos e nenas, como xoves, adultos ou terceira idade, dunha maneira que sexa interesante para tódalas persoas.

Tentamos colaborar na vosa labor altruísta ofertando actividades orixinais, baseadas na promoción da cultura no seu sentido máis amplo, poñendo en valor ás persoas e as relacións entre elas.

Temos unha ampla variedade de cursos para nenos e adultos

Cursos e talleres de:

- Debuxo
-Pintura
- Escultura
- Cerámica
- Ballet
- Cociña
- Danza
- Ioga
- Baile galego
- Bailes de salón

- Percusión
- Gaita
- Pandeireta
- Licores e conservas
- Informática
- Manualidades
- Galego
- Inglés
- Francés
- Risoterapia, etc.

Festas

Sabemos que Galicia conta cun tradicional calendario de festas que marcaba as estacións e o paso dunha a outra así como os eventos importante do ano. Calquera que sexa a festa que queirades organizar, ofrecemos a nosa experiencia coa realización de actividades culturais nas festas e conmemoracións que se desenvolvan na vosa asociación ou comisión de festas, adaptándonos ás vosas necesidades.

Entroido

Festas patronais

Nadal

Días conmemorativos

Magostos

Samaín / Halloween

San Xoán

Recuperación de Xogos Tradicionais

Os Maios

Festas gastronómicas

Ademais estamos en contacto permanente con todo tipo de autores, artistas e animadores. Xestionamos actuacións de pequeno e gran formato. Decídenos que tes en mente e poñemos á vosa disposición a nosa carteira de artistas para que as vosas festas gañen en vistosidade e calidade.

Ir al contenido