Nosa labor é colaborar coas administracións públicas

obre todo no ámbito municipal, para prestar servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención.

A nosa contribución ao cambio social parte dun compromiso: Traballar por un mundo máis xusto, sostible e igualitario e se materializa nunha labor activa que levamos a cabo a través de asistencias técnicas para concellos e outras entidades públicas e privadas no ámbito social.

O alcance dos proxectos sociais nos que intervimos

Atende a diferentes temáticas e colectivos, especialmente a nenos/as, novos e familias. En todos eles aplicamos metodoloxías propias da intervención social, combinándoas con recursos artísticos e culturais.

EDUVIA traballa polo desenvolvemento social

Entendido este como a dotación de oportunidades para a incorporación social baixo o principio de igualdade de oportunidades.

 

 

EDUVIA constrúe a súa labor profesional

En torno a TRES AREAS DE INTERVENCIÓN que considera fundamentais para colaborar no desenvolvemento arrollo persoal e así ao desenvolvemento da sociedade

 

Emprego

- Obradoiros para o desenvolvemento persoal, a integración social e compensar déficit socioeducativos a adolescencia e mocidade en risco.

- Programas de tratamento do absentismo escolar

- Búsqueda activa de emprego

- Promoción do autoemprego

- Orientación laboral

Educación

- Educación para a saúde: hábitos saudables, fomento do deporte, nutrición saudable e prevención de trastornos alimenticios.

- Talleres de educación sexual: prevención de contaxios de enfermidades de transmisión sexual, prevención de embarazos non desexado

- Servizos de prevención de enfermidades de transmisión sexual e drogodependencias.

- Programas para a prevención de adiccións en
escolares e xoves

- Escolas de pais e nais, avós e avoas.

Temos un equipo especializado en intervención social

Que realizará profunda análise das necesidades do seu proxecto e da realidade social na que se enmarca, para ofrecer unha solución integral e personalizada de intervención que axude a acadar da mellor maneira posible as prioridades e obxectivos desexados.

es_ESSpanish
Ir al contenido