Dende os Concellos é importantísimo promover actividades deportivas para a poboación

Por iso desde EDUVIA axudamos a elaborar, planificar e xestionar moitas accións que melloren a oferta deportiva municipal.

Organizamos actividades co obxectivo obxectivo de promover o deporte e mellorar a calidade de vida dos veciños calquera que sexa a súa idade. Aportamos a experiencia do noso amplo equipo de profesionais do deporte tanto para a organización accións a medio ou longo prazo ou actividades puntuais de promoción e xestión para eventos concretos.

Eventos Deportivos

Axudamos a organizar todo tipo de eventos deportivos, colaborando en todo o proceso, dende a súa planificación, execución e desenvolvemento.

- Campus deportivos
- Ligas e Campionatos
- Trofeos e Torneos
- Probas
- Xornadas técnicas
- Maratóns

Escolas Municipais Deportivas

Ofrecemos estas e outras moitas actividades para nenos e adultos.

- Deportes individuais: atletismo, ballet, ximnasia rítmica, natación, karate, aerobic, patinaxe artística, ciclismo, xadre

- Deportes de equipo: fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol, béisbol

- Específicas para adultos: pilates, aerobic, zumba, natación, ioga, tai-chi, fútbol veteranos, ximnasia de mantemento, defensa persoal

Si vostede desexa organizar calquera destas actividades ou similares no seu Concello

non dubide en contactar con nós, e o noso equipo de profesionais faralle unha oferta á súa medida e o asesorará sobre a maneira máis eficaz de levala a cabo.

es_ESSpanish
Ir al contenido