A partires da nosa experiencia como contacontos, na creación de textos, en obradoiros de lectura, … fomos estruturando toda unha serie de actividades pensadas expresamente para realizar en bibliotecas, seguindo as súas suxerencias:
Turismo
Dado que Galicia é unha rexión con gran potencial turístico, o turismo tense que converter nunhas das principais actividades económicas e de promoción cultural existentes, faise precisa unha abordaxe cercana que promova a empatía e participación, e garanta unha sustentabilidade sociocultural que se pode levar da mellor maneira desde os Concellos.
Proceso
Tentamos colaborar neste proceso ofertando actividades orixinais, baseadas na promoción da cultura no seu sentido máis amplo, poñendo en valor as riquezas do patrimonio cultural do propio concello.