Nostra Xuventude

Tendo en conta que a xuventude é o pilar da sociedade do futuro, e a educación a mellor maneira de sacar toda a potencialidade que esta ten, contamos cun sen fin de actividades específicas para a mocidade.

Desde EDUVIA organizamos iniciativas que favorezan a autonomía persoal, a participación activa, a igualdade de oportunidades, e a emancipación xuvenil entre os máis xoves, a través de actividades como obradoiros, cursos de formación, campamentos ou campos de traballo.

Do mesmo xeito organizamos programas de ocio alternativo atractivos para os mozos, que sirvan como alternativas ao lecer e tempo libre dos mozos e mozas, sempre cun caracter educativo á vez que que lúdico.

Temos unha oferta de formación integral complementaria á formación reglada con actividades formativas que educan en valores.  Para iso realizamos campañas de promoción e divulgación en diferentes ámbitos como educación sexual, emprego, prevención de drogodependencias, adestramento de habilidades sociais, etc.

Área De Promoción De Hábitos Saludables

- Promoción do Deporte
- Prevención da drogodependencias
- Educación afectivo sexual
- Autoestima
- Alimentación equilibrada
- Adestramento de Habilidades Sociais
- Educación vial
- Navegación segura en Internet
- Actividades ao aire libre: geocaching, tiro con arco, deporte de aventura, orientación, fines de semana multiaventura, Campamentos, campos de traballo
- Deseño de programas de Ocio Alternativo

Programa de Participación Xuvenil

Asociacionismo

 

 

Foros de participación xuvenil

 

 

Voluntariado

 

 

Área de Promoción Da Autonomía e Independencia na Mocidade

- Búsqueda activa de emprego
- Autoemprego
- Educación e Formación
- Vivenda
- Prevención asentismo escolar
- Orientación Laboral

Área de Igualdade De Oportunidades

- Obradoiros temáticos
- Contacontos
- Interculturalidade
- Igualdade de xénero
- Integración da discapacidade

es_ESSpanish
Ir al contenido